
No ano 1937, o horror da guerra e dunha Galiza ocupada polos golpistas daba lugar a querer esquecer todo o relacionado cun presente reaccionario e represor. Aspirábase a construír un mundo novo, o cal necesitaba dotarse duns novos símbolos que representasen os anceios de dignidade e liberdade e que substituísen moitos dos tradicionais, vinculados ao bando nacional. Isto ocorría co escudo galego, coa presenza duns símbolos relixiosos vencellados a unha Igrexa que era parte activa do dano que se estaba causando.
Para tal fin, no mes de xullo, no nº 6 da revista Nova Galiza, publicada na altura en Barcelona, Castelao presentaba a súa proposta de novo escudo para o país. A composición incorporaba a fouce de ouro e a estrela vermella, como símbolos do Traballo e da Liberdade; e unha serea, inspirada na heráldica galega, concretamente no escudo da antiga casa dos Mariño de Lobeira, como símbolo marítimo. Unha combinación de elementos que representaba a unión dos labregos e mariñeiros da nosa terra.

Na actualidade, a proposta de escudo de Castelao tense convertido nunha das imaxes máis icónicas do noso país, sendo utilizada e reinterpretada por numerosos artistas, colectivos, institucións ou empresas. Aínda que continúe sen contar con carácter oficial, a súa presenza a nivel social e no imaxinario colectivo das galegas teno convertido en todo un símbolo da nosa terra.
Podedes atopar unha ampla gama de produtos coa nosa adaptación da serea de Castelao na nosa loxa online:
-
Suadoiro Denantes Mortas Que Escravas Rianxo45,00€ IVE incluído -
Autocolante Denantes Mortas Que Escravas0,50€ IVE incluído -
Camisola Denantes Mortas Que Escravas Rianxo / Unisex23,00€ IVE incluído -
Crachá Denantes Mortas Que Escravas – Bandeira GalegaRango de prezos: desde 1,00€ ata 1,50€ IVE incluído -
Bandeira Galega Denantes Mortas Que Escravas16,00€ IVE incluído -
Polo Fouce Negro / Unisex36,00€ IVE incluído -
Camisola Denantes Mortas Que Escravas Rianxo / Moza23,00€ IVE incluído -
Chaveiro Denantes Mortas Que Escravas5,00€ IVE incluído
