SOSTIBILIDADE

Para nós, Acontravento é máis ca unha marca, é unha ferramenta de intervención social coa que buscamos mellorar o mundo que nos rodea. Moitos dos nosos produtos inclúen mensaxes con vocación transformadora, pero de que valerían esas verbas se non somos consecuentes con elas e traballamos con materiais e fórmulas que van en contra dos valores que transmitimos? 

A hora de idear e elixir as nosas prendas apostamos por fórmulas o máis responsables ambientalmente posible e onde se respecten os dereitos laborais das persoas implicadas no proceso de producción. É a nossa maneira propia de cuestionar e combatir desde os feitos a avaricia sen límite dun capitalismo que nos leva cara o abismo Como empresa pequena temos moi presentes as grandes dificultades que nos impón o sistema á hora de traballar de forma ética, pero dentro dos limites impostos temos o compromiso de ser o máis coherentes posible. 

Por desgraza, na industria da moda actual impera o “fast fashion”, onde o único obxectivo e maximizar beneficios e un consumo constante e compulsivo, todo a costa dos dereitos das persoas e da saúde do planeta. Fronte a isto, a nosa alternativa é o uso de materiais orgánicos e reciclados de calidade e de fórmulas de comercio xusto para a fabricación das nosas prendas. 

Feitos e non só verbas!! 

MATERIAIS

ALGODÓN ORGÁNICO

O material principal das nosas prendas, é cultivado sen o uso de substancias químicas e proven de sementes non transxénicas. Utiliza métodos de cultivo naturais, reducindo o uso de auga, a erosión do chan e a súa pegada de carbono. Ademais, favorece a biodiversidade e a calidade de vida das comunidades agricultoras, sendo materiais socialmente responsables. 

Ao prescindir de tratamentos químicos agresivos, obtéñense prendas máis resistentes e duradeiras, favorecendo un consumo máis centrados nas nosas necesidades e menos compulsivo. Son tamén máis suaves e transpirables, logrando unha maior comodidade. Ademais son hipoalerxénicas, sendo aptas para peles sensibles.

POLIÉSTER RECICLADO

Presente nalgunhas das nosas prendas, as súas características técnicas e calidade son as mesmas que a do poliéster virxe, pero o seu impacto a nivel ambiental é moito menor. Utilizando materiais xa existentes reducimos a xeración de lixos plásticos, as emisións de C02 e a extracción de petróleo.

CERTIFICADOS

CERTIFICADOS DAS PRENDAS

– Global Organic Textile Standar 

Global Organic Textile Standar (GOTS) é un dos organismos líderes a nivel mundial na certificación da produción de tecidos orgánicos. Verifica todos os procesos da cadea produtiva, como a selección das sementes, a recolección das materias primas, a fabricación ambiental e socialmente responsables e o etiquetado.

Logo GOTS

Oeko-Tex® Standard 100 

Oeko-Tex® Standard 100 é un certificado que garante que todos os compoñentes da prenda están libres de sustancias nocivas e danosas para as persoas. Mediante probas científicas analízase a ausencia de numerosas sustancias que poderían ser prexudiciais para a saúde.

Logo Oeko-tex

Fair Wear 

Fair Wear Foundation (FWF) é unha organización independente e sen ánimo de lucro que traballa con empresas do sector téxtil para mellorar as condicións laborais das persoas implicadas no proceso de produción e aumentar os seus dereitos. Os criterios aplicados pola fundación están baseados nas convencións da Organización Mundial do Traballo (OIT) e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Logo Fair Wear

-PETA – Approved vegan 

Este selo, outorgado pola organización en defensa dos dereitos dos animais PETA, garante que ningún animal foi usado ou ferido de forma directa ou indirecta no proceso de fabricación das nosas prendas.

Logo Peta

– Global Recycled Standard

A certificación Global Recycled Standard (CRS) serve para garantir que os materiais textís utilizados son reciclados, respectando criterios medioambientais e sociais.

Logo GRS

* Non todas as prendas levan os mesmos certificados, estes son os predominantes. Na descrición de cada prenda podedes atopar cales son os certificados cos que conta cada unha delas. 

CERTIFICADOS DA NOSA EMPRESA 

– Certificación AIRCO2 

O selo AirCO2 garante que somos unha empresa neutra en xeración de emisións de CO2. Medindo as nosas emisións de CO2, desenvolvemos accións a través de AirCO2 para neutralizar a nosa pegada ecolóxica, contribuíndo a xeración e mantemento de bosques na nosa área xeográfica.

Net-Zero (2)

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a millor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies