TERMOS DE USO

  1. OBXECTO E XENERALIDADES

Os presentes Termos de Uso fan referencia as condicións de compra de productos a través da web acontravento.gal, propiedade de Daniel Portela Macua.

O uso dos servizos da web e a adquisición dos productos ofertados supón a aceptación do cliente ou usuario, sen reservas de ningunha clase, de todos e cada un dos presentes Termos.

Daniel Portela Macua proporciona información acerca de productos, e ofrece a posibilidade da súa adquisición a través da súa web. As persoas que pretendan adquirir productos deberán completar o respectivo formulario de rexistro previo ao proceso de compra e seguir os pasos que se lle irán indicando a través da Web.

Os presentes Termos xunto coa Política de Privacidade e o Aviso Legal da web, son as únicas condicións aplicables ao uso da Web e a compra dos productos a través do mesmo e substitúen calquera outro tipo de condicións. En consecuencia, o Usuario que acceda a acontravento.gal e realize a compra de productos acepta someterse e queda vinculado polos Termos de Uso, Política de Privacidade e Aviso Legal tal como estexan redactadas no momento en que acceda a Web.  

  1. INFORMACIÓN SOBRE OS PRODUCTOS

As fotografías, representacións gráficas ou iconográficas e videos relativos aos productos mostrados en acontravento.gal, así como nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos na Web teñen por obxecto aportar a maior información. Non obstante, o Usuario ten que ter en conta que teñen un propósito meramente orientativo, e en consecuencia, non sempre se van corresponder ao 100% coa realidade.

Daniel Portela Macua resérvase o dereito a decidir, en cada momento, os productos ofrecidos a través da Web. Deste modo, Daniel Portela Macua poderá en calquera momento engadir novos productos aos incluidos na Web, entendéndose, salvo que se dispoña outra cousa, que tales novos productos rexiranse polo disposto nos Termos que se atopen en vigor nese momento.

Igualmente, Daniel Portela Macua resérvase o dereito a deixar de facilitar o acceso, en calquera momento e sen previo aviso, a calquera dos productos ofrecidos na Web.

No caso de que, por circunstancias de forza maior, un producto non este dispoñible despois de terse realizado a compra, informarase ao Usuario por email da anulación total ou, no seu caso, parcial do pedido. A anulación parcial do pedido non da dereito á anulación da totalidade do pedido, sen perxuicio do exercicio do dereito de desistemento que corresponde ao Usuario de conformidade co establecido nos presentes Termos.

  1. SISTEMA DE COMPRA

Para procedes á compra do producto, o Usuario, que deberá ser maior de 18 anos, deberá seleccionar o producto que desexa comprar e engadilo ao Carro. Unha vez completada a selección de productos obxecto de compra, deberá pulsar o icono “Realizar pedido”. A continuación, indicaranse os productos seleccionados para a súa compra e o Usuario deberá seleccionar entre as opcións dispoñibles para o envío dos productos á dirección indicada e a forma de pago dos mesmos. Por último, o Usuario deberá pulsar o icono “Completar Pedido”.

Os datos facilitados a Daniel Portela Macua a través do correspondente formulario son elementos idetificativo e habilitadores para efectuar as compras e teñen carácter persoal e intransferible, e o seu tratamento será conformte aos previstos na Política de Privacidade, que o Usuario declara expresamente coñecer e aceptar.

  1. PRAZO DE ENTREGA

 – Envío Estandar:  48-72h, dependendo do destino do paquete, ofrecendo Correos unha calidade de entrega do 92% nas primeiras 48 horas.  Para envíos a Canarias, Ceuta, Melilla, e Portugal peninsular, os prazos incrementaranse en 24 horas.

– Envío Express: 24-48h, dependendo do destino do paquete, ofrecendo Correos unha calidade de entrega do 90% nas primeiras 24 horas.  Para envíos a Canarias, Ceuta, Melilla, e Portugal peninsular, os prazos incrementaranse en 24horas.

Os envíos realizaranse durante a maña do día laborable seguinte ao día no que se realizou o pedido. Unha vez entregado a Correos, recibirás unha notificación por correo electrónico. Calquera retraso no prazo de entrega establecido será responsabilidade da empresa de paquetería.

Contarás con 2 intentos de entrega a domicilio, e en caso de ser fallidos o teu pedido estará dispoñible para a súa recollida durante 15 días na oficina de Correos máis próxima.  

  1. GASTOS DE ENVÍO

A través de acontravento.gal só se realizarán envios dentro do Estado Español, Andorra, e o Portugal peninsular. Podes consultar as nosas tarifas en https://acontravento.gal/envios/

  1. FORMAS DE PAGO

As formas de pago aceptadas en acontravento.gal son:

– Transferencia Bancaria.

– Tarxeta de crédito ou débito. 

  1. IMPOSTOS

Os prezos mostrados en acontravento.gal inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), pero ningún outro imposto, tasa, arancel ou recargo.

  1. DEVOLUCIÓNS

Podes cambiar os teus artigos tantas veces como queiras, pero non devolvemos o importe. Só se procerá a devolución do importe no caso e que os artigos se atopen dañados/modificados por factores responsabilidade de Acontravento.

– Cambios: Para poder cambiar o teu artigo contas cun prazo de 15 días hábiles desde a recepción do envío. Só aceptaremos aqueles artigos que se atopen en perfecto estado. Se o producto se atopa usado ou dañado/modificado por factores externos a Acontravento, non será aceptado o cambio

– Devolucións: No caso de ter chegado o producto en mal estado por responsabilidade de Acontravento, o cliente deberá comunicar a incidencia nun prazo máximo de 2 días desde a data de entrega. Pasado este prazo non se admite ningunha reclamación. Unha vez comunidada a incidencia, o cliente deberá devolver o producto nun prazo de 15 días hábiles e se procederá ao reembolso dos gastos de compra e envío mediante o método de pago utilizado, ou ao cambio por outro producto se o cliente o desexa.  No caso de elexir a opción do reembolso, Daniel Portela Macua resérvase o  dereito de reter o reembolso ate ter recibido os productos.

Para efectuar un cambio, escrívenos a info@acontravento.gal solicitándoo, especificando o número de pedido e os artigos a cambiar, e indicarémoste como facer. No caso das devolucións, o proceso é o mesmo, pero anexando unha fotografía dos danos ou modificacións que poida ter o producto. A fotografía deberá ter a millor resolución posible, boa iluminación, e non ser demasiado pequena, oscura ou borrosa.

Os gastos de envío dos artigos a devolver correrán a cargo do cliente i en ningún caso aceptaranse envíos a portes debidos. O envío dos novos artigos correrá a cargo de Acontravento.

Non se admiten devolucións de artigos sen previo aviso por parte do cliente, de unidades incompletas, nen de artigos manipulados ou deteriorados polo cliente.

  1. MODIFICACIÓN DOS TERMOS

Daniel Portela Macua resérvase o dereito a revisar e modificar os presentes Termos de Uso en calquera momento. O Usuario estará suxeito as Políticas e Termos vixentes no momento no que acceda a Web.

  1. RECLAMACIÓNS, COMENTARIOS, SUXERENCIAS

O Usuario poderá facer chegar as súas reclamacións, comentario e suxerencias a través de info@acontravento.gal

  1. RESPONSABILIDADE

Daniel Portela Macua non se fae responsable dos retrasos nas entregas dos pedidos, ou na imposibilidade de realizalos cando a causa se deba a acontecementos de forza maior, e polo tanto, fora do noso control, entendéndose entre coutras causas de forza maior: folgas, accidentes, erros na dirección por parte do usuario, desastres naturais, etc.

© 2020 - Acontravento®

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a millor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies