
“Todos os días e todas as noites, para sempre”, unha camisola para reivindicar o dereito a amar en liberdade a quen queiramos e que mostra que o amor entre persoas do mesmo sexo sempre existiu 🏳️🌈🏳️🌈🏳️🌈
O deseño está inspirado en dúas historias de amor entre homes narradas por Carlos Callón no libro Vidas e historias LGTB na Idade Media, editado pola Editorial Xerais.

Como elemento principal atopamos os detalles dunha lápida do século III descuberta en Taragoña, no Concello de Rianxo, na que un veciño chamado Urso realiza unha dedicatoria e mostra o seu amor cara outro home, Rufino.

O texto do deseño correspóndese cunha frase recollida no documento oficial que sela o primeiro matrimonio homosexual documentado no noso país, a unión entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz o 16 de abril de 1061 en Rairiz e Veiga. No documento o casal comprométese a morar xuntos e coidarse mutuamente “todos os días e todas as noites, para sempre”.

Podedes facervos con esta camisola tan especial na nosa loxa online:
-
Camisola Todos Os Días E Todas As Noites, Para Sempre / Unisex / Orgánica21,95€ IVE incluído