Camisola Un Sorriso Que Ilumine O Mundo / Solidaria / Dispoñible en Prevenda

30,00 IVE incluído

  • O pasado ano sufrimos a perda do compañeiro e amigo Daniel González Adrover por mor dun cancro de páncreas. Nas súas últimas semanas de vida lanzou a campaña Un Sorriso Que Ilumine O Mundo, co fin de recadar fondos para a investigación contra o cancro de páncreas e así poder lograr no futuro que o “diagnóstico desta enfermidade non se converta nunha sentenza, se non nunha loita pola vida”.

    Como homenaxe a Dani e co fin de contribuír a unha das súas últimas vontades lanzamos esta camisola de fútbol gaélico dos seus dous equipos, Keltoi Vigo e Grovias FG, sendo os beneficios obtidos destinados a ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas).

  • Camisola personalizable. Por defecto veñen co número 7 e o nome de Dani, no caso de querela diferente indicalo nas notas do pedido.
  • Prazo de entrega entre 1 e 2 meses.
  • Camisola 100% poliester, Gramaxe 150g/m².
SKU: #4-1-2-1-1-3-3-1-1-1-1 Categoría: Etiqueta:

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a millor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies