Ruth Matilda Anderson, unha mirada fotográfica ao noso pasado.

Arcade 1926
Fotografía tomada en Arcade en febreiro de 1926

Ruth Matilda Anderson, fotógrafa e etnógrafa nacida no 1893 nos EEUU, erixiríase nunha figura importantísima para o noso país ao criar a colección de fotografía máis completa da Galiza de comezos do século XX.

Enviada ao Estado pola Hispanic Society of America, o museo e biblioteca onde traballaba, o obxectivo da súa viaxe era documentar a vida e costumes da altura. Na Galiza estaría en dúas ocasións, a primeira entre agosto de 1924 e agosto de 1925 e a segunda entre novembro de 1925 e maio de 1926, capturando máis de cinco mil duascentas fotografías ao longo e ancho da nosa xeografía.

A súa faceta de etnógrafa fixo que acompañase todas as súas fotografías do seu contexto (como, onde, cando e por que) para poder describir e coñecer da mellor maneira posible a Galiza do momento.

Podedes desfrutar dunha ampla selección das fotografías de Ruth Matilda Anderson no libro “Unha Mirada de Antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”.

Ourense – 1925

Amoedo – 1925

A Coruña – 1925

Lugo – 1925

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a millor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies