Unha das novidades principais deste ano 2024 foi o lanzamento das novas camisolas da Selección Galega de Fútbol Gaélico.
Unhas camisolas de corte clásico con pescozo tipo polo onde destaca o uso da franxa diagonal azul celeste representando a bandeira galega na parte frontal. A cor branca é a protagonista da primeira equipación, co uso do negro e do azul mariño nas camisolas alternativas.
As prendas están pensadas non só para vestir aos amantes do fútbol gaélico, se non tamén para todos aqueles que queiran levar as cores de Galiza con orgullo.
Se queres coñecer máis sobre este deporte tan singular podes visitar a páxina da Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
-
Primeira equipación Selección Galega de Fútbol Gaélico35,00€ IVE incluído
-
Segunda equipación Selección Galega de Fútbol Gaélico35,00€ IVE incluído
-
Terceira equipación Selección Galega de Fútbol Gaélico35,00€ IVE incluído