CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS

Podes cambiar os teus artigos tantas veces como queiras, pero non devolvemos o importe. Só se procederá a devolución do importe no caso de que os artigos se atopen danados/modificados por factores responsabilidade de Acontravento.

– Cambios: Para poder cambiar os teus artigos contas con 15 días hábiles desde a recepción dos mesmos. Só aceptaremos aqueles artigos que se atopen en perfecto estado. Se o produto se atopa usado ou danado/modificado por factores externos a Acontravento, non será aceptado o cambio. Os gastos de envío dos artigos a cambiar correrán a cargo do cliente, i en ningún caso aceptaranse envíos a portes debidos. 

– Devolucións: No caso de ter chegado o produto en mal estado por responsabilidade de Acontravento, o cliente deberá comunicar a incidencia nun prazo máximo de 3 días desde a data de entrega. Pasado este prazo non se admite ningunha reclamación. Unha vez comunicada a incidencia, o cliente deberá devolver o produto nun prazo de 15 días hábiles e se procederá ao reembolso dos gastos de compra e envío mediante o método de pago utilizado, ou ao cambio por outro produto se o cliente o desexa.  

Para efectuar un cambio, escríbenos a info@acontravento.gal solicitándoo, especificando o número de pedido e os artigos a cambiar, e indicarémoste como facer. No caso das devolucións, o proceso é o mesmo, pero anexando unha fotografía dos danos ou modificacións que poida ter o produto. A fotografía deberá ter a mellor resolución posible, boa iluminación, e non ser demasiado pequena, escura ou borrosa.

Non se admiten devolucións de artigos sen previo aviso por parte do cliente, de unidades incompletas, nen de artigos manipulados ou deteriorados polo cliente.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a millor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies