Acontravento é unha marca de roupa galega fundada no ano 2019 na Guarda.
Somos unha marca inspirada nas nosas raíces, e en cada prenda queremos compartir contigo o apego que sentimos polo noso. Cuns deseños que vinculan o local co global, tratamos de reivindicar a nosa identidade dun xeito actual e contemporáneo. Un proxecto cuns principios e valores ben definidos, sempre do lado da nosa xente e comprometido coas causas sociais.
Imos Acontravento, mais co rumbo claro!