
O himno galego Os Pinos ten a súa orixe no ano 1890 con motivo do Certame Musical da Coruña, no cal o compositor Pascual Veiga procuraba premiar a mellor musicalización do poema de Eduardo Pondal. A versión gañadora non chegaría a interpretarse como estaba previsto, sendo unha composición do propio Pascual Veiga a que remataría ficando ligada ao poema do bardo pontecesán para sempre.
A súa estrea non chegaría até o 20 de decembro de 1907, tendo lugar lonxe da nosa terra, no actual Gran Teatro da Habana, na altura sede do Centro Galego.
A partir de 1916, co nacemento das Irmandades da Fala, esta obra terá un forte impulso por todo o país, competindo con outros “himnos” como o “Cantai Galegos” de Alfredo Brañas ou o “Acción Gallega” de Ramón Cabanillas. Durante a II República será o Partido Galeguista quen popularize “Os Pinos”, especialmente na campaña do estatuto.
Co Golpe de Estado de 1936 e a consecuente represión a todo elemento de identidade nacional do país será especialmente na diáspora, no mesmo lugar no que nacera, onde se manterá o noso himno. Nos anos finais do franquismo comezará a normalizarse a súa interpretación na terra, mais eliminando as súas últimas estrofas, debido ao seu carácter reivindicativo máis explícito.
Xa a partir de 1975 recupérase o himno cunha maior normalidade, sendo recoñecido integramente na Lei de Símbolos de 1884 como himno oficial.
Inspirados na letra do himno galego e noutros elementos da nosa cultura como a portada da Revista Nós de Castelao criamos o deseño Esperta Do Teu Sono, o cal podedes atopar na nosa web en diferentes produtos.
-
Suadoiro Esperta Do Teu Sono45,00€ IVE incluído -
Camisola Esperta Do Teu Sono / Unisex23,00€ IVE incluído
